A terapia precisa para axudar a cada persoa varía en función de múltiples factores. É por iso polo que hai que coñecer a fondo cada situación antes de poder pronunciarse, xa que toda solución pasará por identificar a causa. No gabinete de psicoloxía logra somos coñecedores desta realidade e por iso tentamos ser rigorosamente cautelosos en todo momento.

Os problemas económicos, a familia, a saúde... Son só algúns exemplos de cuestións que preocupan a calquera persoa, pero non son a causa de todos os problemas que orixinan un malestar. Hai preocupacións menos ‘populares' que se manifestan dun xeito negativo xerando un problema: as relacións sociais, a tristura inexplicable, o baixo rendemento laboral, a inseguridade constante, a irritabilidade, a indecisión, a autoestima...

Unha vez recoñecido o problema é o momento de tentar minimizalo (sempre dende as propias capacidades de cada un) para que deixe de selo e coa finalidade de que a terapia sirva para o presente e para o futuro. O obxectivo é que as persoas manexen as súas circunstancias e non ao contrario.

Algúns dos trastornos que tratamos son: problemas de ansiedade (crises de angustia, ataques de pánico, trastorno obsesivo-compulsivo, ansiedade xeralizada, estrés...), problemas do estado de ánimo (depresión, dó, baixa autoestima e baixa motivación...), medos e fobias e moitos outros problemas (hipocondría, ira, irritabilidade, problemas de saúde como fibromialxia ou dor, trastornos de personalidade, terapia de parella...)







 
gabinete de psicoloxía logra  rúa zaragoza , 34 Portal I - 1º C 36203 Vigo T 986 114 558 M 698 123 416 info@psicologra.com
Nº de Rexistro Sanitario: C-36-001955 · Aviso Legal Política de privacidad Política de cookies